María Vilas, campioa de España en 800 metros libres

18 Novembro 2019
María Vilas e Bea Gómez nunha imaxe do CN Galaico

María Vilas, a nadadora de Castiñeiras, vén de sumar esta finde uno novo e importante éxito á súa longa serie de fitos deportivos. Estamos a falar da obtención do título de campioa de España no marco do campionato estatal de natación que se celebrou até onte domingo en Xixón. María Vilas subiuse ao podio na compaña da súa compañeira de equipo, a pontevedresa Bea Gómez Cortés, membro do Club Natación Galaico (CN Galaico), que se proclamou subcampioa.

As dúas quedaron primeira e segunda (respectivamente) na proba dos 800 metros libres: María Vilas cun tempo de 8:25.47 e Bea Gómez cunha marca de 8:31.09. Estes dous importantes fitos deportivos en cadanseus currículos, cos que obteñen mínimas para os campionato europeo de piscina corta que se vai celebrar este mesmo ano en Glasgow (Escocia), súmanse ás medallas que lograron este mesmo venres, cando Vilas acadou a prata (cun tempo de 4:38.55) e Gómez o bronce (4:39.2) cunha marca de na proba dos 400 metros estilos.

O LXIII Campionato de España Astralpool de Natación de Inverno celebrouse en Xixón até este domingo 17 de xaneiro nas dependencias do CN Santa Olaya.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.