Máis de trinta establecementos de Ribeira súmanse ao Black Friday

21 Novembro 2019

A gran campaña de descontos que ten lugar cada ano a nivel mundial nestas datas, coñecido como Black Friday, desenvolverase o venres 29 en Ribeira. O presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez; o secretario do colectivo, Juan Martínez; e o concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo, Promoción e Dinamización Económica, Ramón Doval, foron os encargados de explicar os detalles deste evento.

Así, os establecementos participantes supera a trintena, cifra que se pode ver incrementada en función das inscricións, atopándose representado calzado, téxtil ou electrónica, entre outros. O horario de apertura será o habitual.

O presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez, anunciou que se sortearán 600 euros entre as compras efectuadas exclusivamente durante a xornada do 29 nos comercios adheridos. Para entrar no sorteo, será preciso anotar o número do recibo, nome e teléfono de contacto. Os premiados recibirán o importe do recibo de compra que aparece no boleto gañador en vales de compra canxeables nos establecementos participantes. O límite máximo de premio por boleto gañador establécese nos 200 euros, premiando tantos tíckets de compra coma sexan necesarios ata acadar os 600 euros estipulados. Ademais, obsequiarase con media hora de aparcamento gratuíto a tódolos clientes que merquen nos locais que forman parte da campaña.

Pola súa parte, o edil Ramón Doval manifestou que estas iniciativas son “moi importantes para defender o tecido social de Ribeira, os comercios e a hostalería en xeral”; engadindo que atraerá xente ao municipio e contribuirá a dinamizar o comercio ao mesmo tempo que se pon en valor o produto local.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.