Lolita Moda, distinguida nos Ecommerce Awards Galicia 2019

20 Novembro 2019


Pablo Hermo Villar, de Lolita Moda, recollendo o galardón

O pasado 14 de novembro, coa participación duns 200 profesionais, celebrouse a parada galega segunda edición da xira estatal Ecommerce Tour, un programa itinerante de mesas redondas, relatorios e premios destinados a pór de relevo a importancia de facer innovar os nosos negocios e adaptalos ás esixencias e vantaxes do mundo dixital. A cita coruñesa, que se celebrou en PALEXCO, puxo o foco no sector da moda. Ao fío disto, houbo presentacións de proxectos e, tamén, recoñecementos: distinguiuse a Lolita Moda, Soloimprenta e A&B Shop como as mellores tendas online galegas na II Edición dos Premios Ecommerce Tour Awards Galicia.

O primeiro premio foi para Lolita Moda, histórica empresa familiar creada en Noia, no 1960, da man de Dolores González e Mario Hermo e hoxe en un auténtico referente en transformación dixital dos sectores máis tradicionais. Lolita Moda, que ten unha notábel presenza no Barbanza (con grandes e céntricas tendas en Noia, Ribeira e Boiro, aínda que tamén en Pontevedra e Bertamiráns), foi distinguida nos Premios Ecommerce pola súa “dedicación ao traballo, pola calidade dos seus produtos, polo seu servizo de atención ao cliente e pola innovación e funcionalidade das súas tendas”, uns ingredientes que, en opinión do xurado “fixeron posíbel que sexa un referente no sector téxtil” e, tamén, na integración no mundo tecnolóxico, cunha tenda online propia achegada en media ducia de idiomas e cunha ampla presenza nas redes.

O segundo foi para Soloimprenta, un ecommerce galego creado hai sete anos que, en palabras do xurado, foi quen de situarse dende os seus inicios como “unha das compañías emblemáticas do seu sector, baseándose nos principios e valores do bo comercial: seriedade, trato próximo, personalizado e que pensa 100% no cliente”.

O terceiro premio foi concedido a A&B Shop, tenda de roupa de venda lowcost, en liña, onde podemos mercar conxuntos para vestir todos os integrantes dunha familia coa vantaxe (e co engadido extra) de facelo todas e todos dun xeito semellante e distinguíbel.

No transcurso da xornada tamén se puxo o foco na capacidade innovadora Minimalism Brand, Coosy ou Fuikaomar.es. Amais, déronse a coñecer as últimas novidades en vendas en Internet, loxística, transformación dixital, email mercadotecnia e omnicanle. A empresa encargada da organización (da parada coruñesa e da xira estatal) é Ecommerce News. O evento contou co patrocinio de BBVA, WebLoyalty, Sabadell, Don Dominio, Fotografía eCommerce, Retail Rocket e Vino Premier.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Carta real a los Magos”. José Castro López

“Carta real a los Magos”. José Castro López

Después del mensaje real aparecieron dos clases de exégetas. Los que aplauden suspalabras sin darse por aludidos y los críticos que nunca defraudan y reproducen lavaloración negativa de años anteriores, que repetirán la siguiente Nochebuena.Lo cierto es que el Rey...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.