Licitada a implantación en Aguiño dunha senda peonil entre punta do Laño e o peirao Fenicio

15 Novembro 2019

Unha nova actuación no concello de Ribeira permitirá a implantación dunha senda peonil de 443 metros de longo e 2’5 de ancho entre punta do Laño e o peirao Fenicio, na parroquia de Aguiño, enlazando co camiño de 2.500 metros existente entre este último punto e Couso.

Así, preténdese protexer o borde litoral nesta franxa ao tempo que se garante o libre acceso e uso público da costa e se potencia o seu emprego coma zona de recreo e benestar da poboación. Neste senso, a senda arranca en Transporto, na contorna do porto de Aguiño, permitindo recrearse na contemplación de notables elementos patrimoniais coma é caso sobranceiro do peirao Fenicio que, segundo defenden algúns estudos, son os restos dun embarcadoiro construído polos fenicios para facer escala nas súas viaxes comerciais entre os séculos XII e VIII antes de Cristo, mentres que outras investigacións aseguran que son restos dunha fábrica de salgadura construída polos cataláns a mediados do século XIX. O itinerario peonil tamén permitirá contemplar os vestixios do antigo almacén de salgadura de A Covasa e ofrecerá unha panorámica da costa atlántica salpicada de illas coma Vionta, Sagres e Sálvora.

O novo trazado adaptarase ao camiño xa existente actuando no mesmo en dous tramos diferenciados. Por unha banda, un primeiro treito de 300 metros de longo composto de 17 centímetros de zahorra natural ZA-0/32 e 8 centímetros de espesor na capa de coroación, con pavimento de xabre-cemento con árido de granulometría 0-5 da zona, impermeabilizado e estabilizado. E pola outra, un segundo tramo de 143 metros de lonxitude composto por 25 centímetros de zahorra natural ZA 0/32. Ademais, o pavimento estará delimitado lateralmente con bordillos de madeira de 25×10 centímetros e transversalmente cada 10 metros con bordillos das mesmas dimensións a efectos de conter mellor o pavimento contra a auga de escorrentía da chuvia.

O orzamento desta intervención ascende a 74.614’76 euros e o seu prazo de execución son cinco meses. As empresas interesadas en concorrer ao concurso dispoñen ata o 3 de decembro á medianoite para presentar as súas ofertas.

Esta iniciativa enmárcase na EDUSI Máis Riveira Atlántica 2020, financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 e adscríbese á liña de actuación deste plan denominada ‘Posta en Valor do Patrimonio Cultural e Natural e Turístico’ dentro do Obxectivo Temático 6 (Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos).

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

Montserrat Torrent ha recuperado desde compositores y partituras para órgano desde hace décadas, ha alentado restauración de instrumentos apolillados y su recuperación como instrumento popular. Ensaya dos horas al día. Música en Compostela ha homenajeado a la Torrent...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.