José Fuentes, experto en técnicas avanzadas de gravado, achega un novo obradoiro no Museo de Artes

04 Novembro 2019
José Fuentes nunha entrevista recente para a televisión local de Salamanca

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vén de anunciar a celebración dunha actividade formativa que, do mesmo xeito que o propio espazo expositivo ribeirense, ten o valor engadido de ser unha experiencia artística única e singular na comarca e en Galicia. Trátase do Curso de Gravado V33, que estará dirixido polo prestixioso profesor José Fuentes (Universidade de Salamanca) e que contará tamén coa presenza do experto Antonio Navarro (Fuentes e Navarro serán os encargados de impartir a actividade).

O gravado V33, para quen non o saiba, é un técnica-sistema concibida polo devandito experto que implica o emprego de carburo de silicio ou carborundo para a creación das distintas matrices que entran en xogo na obra creadora. Aparte das posibilidades dinámicas e artísticas que pon en xogo esta metodoloxía (abre un amplo abano de combinacións con elementos que non adoitan figurar, a priori, nas obras feitas con gravado), a técnica V33 salienta pola súa capacidade para minimizar esforzos e tempos no proceso creativo. Amais, é un sistema ecolóxico que ten moito potencial para introducirse en espazos pechados.

O curso desenvolveranse en dúas quendas, dunha ducia de alumnos por sesión. A primeira delas realizarase os días 13, 14 e 15 de decembro de 2019 e a segunda sesión os días, 24, 25 e 26 de xaneiro de 2020.

Como dixemos, a persoa encargada de dirixir e impartir o obradoiro será José Fuentes, que, como recordaremos, estivo recentemente no Museo de Artes para iniciar a unha ducia de creadoras e creadores nos segredos do gravado en 3D.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.