JEALSA RIANXEIRA distinguida co premio Fast Delivery nos SAP Quality Awards 2019

26 Novembro 2019
Cedida

SAP España celebrou hoxe a cerimonia de entrega dos SAP Quality Awards 2019, galardóns cos que a compañía recoñece a calidade dos proxectos desenvolvidos polos seus clientes. A edición deste ano presenta como novidade a incorporación da categoría de Customer Experience, a cal se suma ás tres existentes ata o de agora: Innovation, Business Transformation e Fast Delivery.

O xurado composto por membros das asociacións de usuarios de SAP, a firma de análise IDC, e diferentes directivos da propia compañía, analizaron e valoraron os distintos proxectos para elixir aqueles que destacasen polo grao de excelencia no despregue e o uso da tecnoloxía de SAP.

Así, JEALSA RIANXEIRA, S.A.U. foi distinguida co premio Fast Delivery pola posta en marcha do proxecto Cash Management, Treasury and Risk Management, que se integrou cunha implantación previa de SAP S/4HANA e lle permitiu, en tan só 5 meses, mellorar a comunicación entre o departamento financeiro e o de tesourería. Entre os beneficios acadados figura a redución nun 7% dos gastos financeiros, un 50% dos tempos de aprobación, un 35% dos custes administrativos, así como melloras na exactitude da previsión de efectivo, a optimización do circulante e unha redución da duración do proceso de peche. Na concesión do premio tivo un gran peso a rapidez do proxecto, especialmente tendo en conta a complexidade das funcións abarcadas e a súa integración con outros procesos de negocio. Ademais, o partner no que se apoiou a compañía foi Minsait.

Outros artigos

17 de maio: “Os libros das nosas Letras”

«MORGANA EN ESMELLE» Begoña Caamaño. Editorial Galaxia. 19, 50 Ive incluído Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.