JEALSA, Ecomar e a rapazada de Boiro retiraron de Carragueiros cabichas e plásticos

15 Novembro 2019

As nosas praias sofren cada vez máis a presión contaminante do ser humano pero, ao mesmo tempo, contan con máis aliados para preservalas e protexelas para as vindeiras xeracións. Por exemplo JEALSA Rianxeira e Ecomar, que estableceron recentemente un acordo para coidar o medio ambiente poñendo o foco nun dos principais puntos sensíbeis: os areais. Froito deste acordo foi un programa de actividades para desenvolver en común coa rapazada dos colexios, fomentando deste xeito a sensibilización e a concienciación dende idades temperás. Ao abeiro deste programa, esta semana JEALSA, Ecomar e a rapazada de Boiro baixaron a pé de praia para limpar o areal de Carragueiros. As xeiras de traballo conseguiron sacar da praia máis de 250 quilos de lixo.

Unha das anteriores quedadas de limpeza de JEALSA e Ecomar na praia de Barraña

Participaron arredor de medio cento de voluntarias e voluntarios do Colexio de Santa María do Castro. Amais de profesores e alumnado, tamén se uniron ás tarefas a directora de Sostibilidade de JEALSA, Ángeles Claro, e a directora de Relacións Institucionais Marga Hermo. O groso dos refugallos estaba constituído polas consabidas cabichas do tabaco (a gran praga dos areais e de todo espazo natural para o lecer), latas, recipientes plásticos e restos de aparellos e útiles pesqueiros.

A xeira de traballo, antes de metérense os seus integrantes en faena, comezou cun obradoiro de concienciación a cargo dos integrantes da entidade Ecomar, que fixo fincapé na importancia de fomentar as segundas e terceiras de vida daquilo que consumimos. A cita medioambiental terá continuidade o día 22 deste mes cunha limpeza análoga na praia de Mañóns que contará coa participación activa das mozas e mozos do cole de Abaqueiro. O 23 haberá xeira en Barraña. Quen queira inscribirse pode facelo en info@jealsa.com.

Outros artigos

A Audiencia da Coruña condena a un home por unha agresión en Boiro

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un home ao pagamento dunha multa de 720 euros por cometer un delito de lesións ao agredir a outro home en Boiro. Segundo os feitos recollidos na sentenza, o acusado increpou a unha camareira á saída dun bar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...