Investigan ao condutor dun camión cargado con botellas de butano quintuplicando a taxa de alcohol permitida

25 Novembro 2019

A Garda Civil intensificou a vixilancia e control nas estradas da comarca do Barbanza. Entre as diversas denuncias que se formularon por alcohol e drogas na tarde do sábado, destaca a dun camioneiro de reparto de botellas gas butano. Este camioneiro quintuplicou a taxa de alcohol permitida para os condutores de vehículos de mercancías perigosas.

O condutor foi identificado nun punto de verificación de alcohol e drogas, cun vehículo cargado e realizando o reparto. Arroxou unha taxa de 0’73 mg/l, cando a taxa legalmente establecida para este tipo de condutores non pode superar os 0’15 mg/l.

Por estes feitos abriuse unha investigación e citárono para comparecer en xuízo rápido por delito contra a seguridade viaria, ao superar as taxas de alcohol permitidas.

Ademais deste delito, ao condutor e ao vehículo detectáronselle infraccións moi graves en materia de transportes de mercancías perigosas. O vehículo circulaba sen o título que habilita para realizar a actividade de transporte público mentres que o condutor carecía da autorización especial que habilita a conducir vehículos de mercancías perigosas. Neste senso, a Garda Civil manifesta que é todo un risco en caso de sinistro viario, xa que a aseguradora podería non facerse cargo das indemnizacións por non cumprir os requisitos para circular cargado con esa materia.

Engaden que o condutor tampouco amosou a carta de porte, que ampara o control da carga para este tipo de transportes, nin as instrucións escritas que debe levar no vehículo e que indican as medidas a adoptar polos servizos de emerxencia en caso de accidente segundo a materia transportada. Estas instrucións escritas son fundamentais para os equipos de emerxencia, pois permítenlles coñecer ante que se enfrontan en caso de accidente. Ademais de todo o anterior, o condutor non amosou o certificado de actividades, polo que non se puido comprobar se cumprira a normativa en materia de tempos de condución e descanso.

O vehículo foi inmobilizado pola alcoholemia positiva e para a realización de transporte de mercancías perigosas ata que non regule a situación e o vehículo e condutor cumpran coas condicións regulamentarias.

Outras infraccións

Na tarde do sábado, os gardas civís da Agrupación de Tráfico, interceptaron outros once condutores con presenza de drogas ou alcohol nas estradas do Barbanza. Sete deles foron denunciados por alcoholemias positivas e outros catro denunciados por positivos en drogas, ademais formuláronse outras trinta denuncias con infraccións graves.

Outros artigos

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

O presidente que non o foi de España porque non quixo - a realidade foi que os votos a prol acadados nas eleccións xerais do país en cuestión non foron dabondo para que sí poidera selo e o segundo na listaxe de candidatos soubo gañarse a confianza da maioría...

+

Xoves 6, sol e suba da temperatura

Durante o xoves Galicia queda na influencia das altas presións con réxime de ventos do nordés. Con esta situación comezaremos a xornada con ceos parcialmente cubertos, con orballos no extremo norte e co avance do día as nubes iranse retirando en xeral, permanecendo as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

Que está a acontecer coa falta de humanidade cara a moita xente que sae dos seus países en busca dun futuro mellor, lonxe da miseria económica e da falta de liberdade ou vivindo situacións de conflitos armados. Son persoas inocentes pero pobres, sen máis nada que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.