Gran recolleita de alimentos hoxe e mañá

22 Novembro 2019

A Fundación Banco de Alimentos leva a cabo en centos de supermercados de toda España durante este venres e sábado, 22 e 23 de novembro, a súa VII Gran Recollida Solidaria de Alimentos. Miles de voluntarios estarán a disposición de todos aqueles cidadáns que queiran facer a súa pequena contribución. O Banco de Alimentos de Galicia presta axuda a unhas 100.000 persoas de toda a comunidade, polo que insiste na grande importancia que ten esta cita anual para eles que supón o 10 por cento de toda a recolleita do ano.
O ano pasado, a ONG logrou recadar até un millón de quilos de comida, un éxito que esperan que se repita e incluso se supere este
ano.
Entre os alimentos que máis se necesitan destacan o leite, o aceite, o arroz, o cacao, as galletas, así como as conservas de todo tipo ou os legumes en botes, principalmente produtos non perecedoiros.

O banco de alimentos fará unha segunda recolleita nos supermercados Gadis os días 13 e 14 de decembro. Trátase con isto de desconxestiona-la clasificación de alimentos e lograr produtos máis frescos para o Nadal. Á marxe dos cidadáns que colaboran estes día, o sector empresarial tamén contribúe con grandes cantidades de material e donativos. Con iso o banco de alimentos trata de ser un medio útil á sociedade que, amais de loitar contra a fame, sirva de loita contra os desperdicios.

Á marxe da colecta os donativos pódense comunicar ó número 635 561 280 o longo de todo o ano.

Banco de Alimentos

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.