Gonzalo Caballero pide o voto ao PSOE “para frear ás dereitas e á ultradereita”

09 Novembro 2019
Cedida por PSdeG

Un local hostaleiro de Boiro acolleu hoxe un xantar-mitin de peche de campaña dos socialistas. Alí déronse cita o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero; a candidata ao Congreso pola provincia da Coruña, Pilar Cancela; a deputada provincial Sandra González; e representantes das agrupacións do Barbanza, Noia, Muros e Sar.

Gonzalo Caballero pediu o voto “para frear ás dereitas e á extrema dereita” e “para que España siga avanzando”. Neste senso, manifestou que a convivencia “pode estar en risco se a extrema dereita, que está sendo institucionalizada polas dereitas en distintas Comunidades Autónomas, ten unha porta aberta para chegar ao Goberno de España” engadindo que “se a dereita suma, sumará coa extrema dereita para poñer un Goberno en España que pode supoñer a involución e o retroceso político no noso país.” Así mesmo, destacou, en relación ao PSOE, que “este é o partido dos dereitos sociais e o partido da liberdade política”, incidindo en que “o voto útil da esquerda e do progreso é o voto ao Partido Socialista” e requiriu unha mobilización “masiva” o domingo.

Pola súa parte, Pilar Cancela solicitou o voto unido da esquerda e amosouse crítica con que, determinadas formacións, cuestionen a violencia de xénero, a diversidade sexual ou o Estado das autonomías. Respecto a isto último, expresou que “é o que garante que haxa unha sanidade pública e unha educación pública para todos e que haxa tamén unha dependencia aplicable para todos.”

Na súa intervención, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, apuntou que “temos que volver a ser a forza máis votada en Galicia, en Boiro e en toda a comarca.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.