Feijóo anima a incrementar o consumo de produtos do mar na presentación do Vai de peixe en Ribeira

22 Novembro 2019

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, animou hoxe á mocidade a sumarse ao reto de consumir máis produtos do mar cos consellos de Vai de peixe, unha campaña innovadora, áxil e fresca que pretende chegar á xente nova a través das canles que máis utilizan, coma son as redes sociais.

Durante a presentación, Feijóo explicou que a Xunta non só trasladará esta mensaxe, senón que tamén o farán Carolina Iglesias (Percebes y Grelos), Coque Macho, Ana Peleteiro e Eva Iglesias, persoas recoñecibles para a mocidade e que teñen influencia entre o público máis novo a través das comunidades que foron creando nas redes sociais. Neste senso, o titular do Goberno galego indicou que “grazas a eles transmitiremos, con maior éxito, que incluír produtos do mar na dieta non só é saudable, senón tamén saboroso e sinxelo.”

Feijóo manifestou que “se hai un concello que sabe de peixe é Ribeira” e destacou que Galicia é unha terra con cultura gastronómica rica e recoñecida, contribuíndo a isto o feito de que sexamos a comunidade con máis quilómetros de costa de toda España, traducíndose en que “somos a décima potencia europea no que a pesca se refire e somos unha das rexións europeas que máis exporta peixe.”

Así, o obxectivo desta campaña é acadar que un maior consumo de peixe porque se ben España está entre os maiores consumidores de produtos do mar do mundo, con Galicia como líder na clasificación de consumo, só a metade dos galegos consumen peixe dúas ou tres veces por semana e, na franxa de 18 a 20 anos, unicamente o 40% consume peixe unha vez por semana, cando a recomendación dos expertos para unha alimentación sa e equilibrada aconséllase inxerir peixe de 3 a 4 veces por semana. Desta maneira, procederase a desterrar falsos mitos que hai en torno á preparación do peixe: informando sobre as especies de tempada, para contradicir aos que din que comer peixe é máis caro; achegando receitas sinxelas, para aqueles que prefiren non preparar peixe porque pensan que é máis complexo; e informando da variedade de especies e formatos -fresco, conxelado, en conserva-.

Tódolos consellos atópanse na canle de instagram Vai de peixe, onde hai tamén información e receitas; nas contas de redes dos prescritores desta campaña; e nos eventos que se irán desenvolvendo coma os showcookings a bordo dun tráiler que visitará as zonas universitarias e centros de formación profesional de Galicia.

Aínda que os máis novos están cada vez máis concienciados co que comen e co seu impacto no medio ambiente, o titular da Xunta incidiu en que esta iniciativa está dirixida aos millennials para contarlles que teñen no peixe ao seu gran aliado e unha aposta segura. Deste xeito, afirmou que “o que vimos presentar hoxe, vai de nutrición e vai de peixe. Os produtos do mar son fundamentais para unha dieta equilibrada e, en Galicia, temos sorte de contar con estes produtos en diversos formatos e de gran calidade.”

Ao longo da súa intervención Feijóo recordou tamén a posta en marcha doutras iniciativas coma O sabor da aventura está no mar e Ponlle pilas ao teu bocata, campañas desenvolvidas nos centros educativos e campamentos, para inculcar hábitos de consumo axeitados en idades temperás. Grazas a elas achegouse a máis de 100.000 nenos e nenas a importancia dunha alimentación baseada en produtos do mar, involucrando á comunidade educativa.

O acto tamén contou coa presenza da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar; da conselleira do Mar, Rosa Quintana; do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; membros da corporación municipal ribeirense; o empresario Ramiro Carregal; e o patrón maior de Ribeira e presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez; entre outros.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

Budapest es una de las ciudades más bellas de Europa capaz de evocar en el visitante el recuerdo de una grandeza histórica. Pero hasta el domingo 12, allí se podía constatar un sentimiento extendido de tristeza en muchos ciudadanos que coincidían en que el país había...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.