Empeza a campaña da centola e do boi

11 Novembro 2019

A Consellería do Mar abriu este luns, 11 de novembro, a campaña extractiva da centola e do boi de mar nas provincias da Coruña e Pontevedra. Segundo informou a Xunta nun comunicado, nas áreas que van da Guarda ata Cabo Corrubedo, na provincia de Pontevedra, e de Cabo Corrubedo ata Estaca de Bares, na da Coruña, a frota con porto basee nesas zonas e que se dedica á extracción destas especies pode calar os aparellos a partir das 00,00 horas da madrugada e levar as especies á lonxa este luns. A campaña destes crustáceos nestas dúas provincias prolongarase ata o inicio da veda do ano 2020 que se fixará a través do Plan de Xestión correspondente.

A cota máxima de captura de cada unha destas especies sitúase en 35 quilos por barco e día, á que se sumarán 35 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo. Poderán participar na campaña todas as embarcacións con artes menores e con porto base en Galicia, así como aquelas que con porto base noutras autonomías, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.

Centolos

Outros artigos

Ribeira celebra o Día da Bici con máis de 400 participantes

Ribeira viviu este domingo unha xornada festiva co Día da Bici, un evento organizado pola Concellería de Deportes en colaboración co Club Os Saltamontes, a Asociación de Veciños de Carreira, a Policía Local, GAEM e Protección Civil. Máis de 400 persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.