Debate sobre o envellecemento poboacional da man de Fuxir da Proxeria, de Manuel Blanco Desar

18 Novembro 2019

O avogado, economista e politólogo santiagués Manuel Blanco Desar presentou no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira a súa novela Fuxir de Proxeria, unha distopía ambientada no 2080 na que a xente maior domina a sociedade e obrigan á mocidade a cumprir unha serie de obrigacións civís ata que algúns deles se rebelan e tratan de escapar.

A apertura do acto correu a cargo de Santos Oujo, presidente do Ateneo Valle-Inclán, mentres que a concelleira de Cultura, María Sampedro, ofreceu a intervención final.

A presentación da novela, publicada por Edicións Fervenza, dou pé a debate entre público e integrantes da mesa acerca do futuro da cada vez máis envellecida sociedade galega e que medidas se deberían adoptar para non chegar a esta situación de desequilibrio demográfico que describe a obra literaria.

Manuel Blanco Desar (Santiago de Compostela, 1965) é economista, avogado e politólogo, especialista en temas internacionais, dereito da competencia e políticas públicas europeas. Entre outros galardóns literarios, obtivo o Premio San Clemente de Relatos (USC). Ten publicado en Dorna-Expresión Poética Galega. Ademais, foi colaborador e articulista en diferentes xornais e xunto con outros autores participou no volume colectivo Berra liberdade a prol de Amnistía Internacional.

Entre a súa obra atópase Nos dominios da incerteza. Historias económicas e Una sociedad sin hijos.

Outros artigos

A viaxe de Verne cobra vida no Museo do Gravado de Artes

O Museo do Gravado de Artes inaugura unha nova exposición dedicada a Jules Verne. Viaxe ao centro da terra, da man das ilustracións de Ignacio Hernández Suñer, coñecido como Íñigo. A mostra, que poderá visitarse ata principios de agosto, forma parte da...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.