Comezan os obradoiros de transformación turística de Arousa Norte

12 Novembro 2019

Na xornada de hoxe arrancou na Pobra do Caramiñal a formación destinada ao sector empresarial turístico para facelo avanzar en competitividade, xestión, comunicación e excelencia. Á inauguración do curso asistiron o presidente da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte e alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o rexedor pobrense, Xosé Lois Piñeiro; e a coordinadora institucional de IESIDE, Carlota Sánchez.

Xosé Lois Piñeiro manifestou que o obxectivo destes obradoiros radica en mellorar a xestión turística na comarca desde moitos ámbitos.

Pola súa parte, Carlota Sánchez explicou o contido e desenvolvemento destas actividades, nas cales se posibilita “ter a oportunidade de falar con xente que día a día saca adiante o seu traballo nun sector estratéxico para Galicia como é o turístico, que supón máis do 10% do PIB galego e que xera moito emprego.” Ademais, precisou que haberá seis accións formativas, estando o primeiro bloque enfocado no ámbito dixital, mentres que o segundo se orienta ás destrezas persoais.

Na súa intervención, José Ramón Romero apuntou que pretenden potenciar o sector turístico, dándolle valor a través da formación. A parte desta iniciativa, ao longo dos meses de novembro e decembro terán lugar diversas actividades de cara ao Nadal, agardando “promocionar a comarca e traer visitantes.”

Así, o taller A mellora da comunicación dixital celébrase os días 12, 19 e 26 de novembro no municipio pobrense. Esta acción estrutúrase en tres seminarios delimitados pero complementarios: Como optimizar o posicionamento da túa webA xestión profesional das redes sociais como ferramenta de captación e fidelización de clientes; e Como converter a túa web nunha ferramenta de venta.

Por outra banda, mañá dará comezo en Boiro o obradoiro O desenvolvemento de habilidades e destrezas persoais, o cal se levará a cabo os días 13, 20 e 27 de novembro. Os seminarios que integran esta actividade formativa son tres: Desenvolvemento e innovación de produto e servizo turístico: obradoiro de Service & Desing Thinking; A mellora da comunicación interpersoal e a xestión de conflitos; e A atención ao cliente e as súas claves de éxito.

As accións formarán ao redor da vintena de persoas, sendo impartidas polo IESIDE (Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa, AFundación Obra Social Abanca) e están financiadas pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte a través da Deputación da Coruña.

Outros artigos

“Moldes celebra Nosa Señora de Belén”.

Antonio González Millán.- Feliz día de romaxe: segundo domingo de maio, Nosa Sra. de Belén. Culto dun cruceiro situado nunha antiga encrucillada de camiños montesíos, presidindo unha vella necrópole de tempos prehistóticos. O sincretismo de deuses idos substituidos...

+

Accidente de tráfico con persoa ferida leve no Concello de Boiro

O parque provincial de Boiro acudiu este venres 9 de maio sobre as 17:00 h, a unha chamada que alertaba dun accidente cun vehículo envorcado na AG-11.  Unha vez no punto, os bombeiros provinciais comprobaron que só había un vehículo implicado e envorcado. O seu labor...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.