Colle corpo o plan de acción contra a herba da Pampa

20 Novembro 2019

A herba da Pampa (cortaderia selloana), orixinaria de Suramérica, medra libre nas beiras das nosas estradas e en boa parte dos nosos montes e xa hai anos que é un problema medioambiental e estético que non podemos deixar de lado. Calquera que collera o automóbil e percorrera a autoestrada de Barbanza saberá do que estamos a falar: das ringleiras de plumachos que inzan as beiras e que teñen especial incidencia en zonas como a saída/entrada da autovía en dirección a Palmeira e o Porto de Ribeira.

Son unha especie invasora que despraza as especies arbustivas autóctonas, é difícil de erradicar e, hai que dicilo, deixa moito que desexar dende o punto de vista paisaxístico. Os colectivos ecoloxistas levan anos esixindo medidas para frear a súa proliferación. Hoxe a Xunta presentou detalles sobre o Plan Galego de Acción contra a Herba da Pampa.

Foi no transcurso dunha xornada de traballo adicada á xestión e eliminación desta planta exótica, celebrada no CEIDA en Oleiros (A Coruña), contando coa presenza da directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, quen lembrou que o seu departamento coordina “desde hai meses” o traballo encargado a SEO/BirdLife e ao Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental (CEIDA) para redactar a devandita folla de ruta.

Como primeiro paso, explicou que un equipo da Universidade da Coruña baixo a coordinación do investigador Jaime Fagúndez estase a encargar dos traballos de cartografado da área de distribución da planta en Galicia, así como da avaliación da súa incidencia e risco potencial en cada zona, de acordo coa súa vulnerabilidade á invasión. “Este traballo de avaliación previa”, engadiu, “será o que permita definir a planificación, os medios e as técnicas máis axeitadas para facer fronte á proliferación do tamén chamado plumacho polo territorio galego, ao tempo que ofrecerá información sobre a súa invasión tanto en ecosistemas naturais como degradados”.

O evento de hoxe reuniu en Oleiros a unha trintena de técnicos e xestores con competencias sobre o medio natural, parques, xardíns, infraestruturas e ordenación do territorio procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria e Portugal co fin de intercambiar experiencias e coñecementos para o control desta especie en todo o Arco Atlántico.

A xornada foi organizada polo CEIDA e SEO/BirdLife no marco do proxecto europeo LIFE Stop Cortaderia. Ademais de Belén do Campo, tamén contou coas intervencións de Carlos Vales, director do CEIDA, e Santiago García de Enterría, coordinador do proxecto.

No seu transcurso a directora xeral recordou que o seu departamento ten traballado na erradicación da especie nas áreas costeiras da Rede Galega de Espazos Protexidos e as áreas limítrofes, unha liña de traballo que se complementou coa implicación doutras administracións implicadas e particulares para conciencialos da “necesidade de sacala fóra destes espazos”. Neste sentido, dixo, “solicitouse aos titulares de distintas vías de comunicación que promoveran a eliminación da herba da Pampa, moi presente nas beiras das estradas”.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.