Chumpá Teatro porá o broche de ouro á mostra de teatro afeccionado de Aguiño

26 Novembro 2019
Cedida

No marco da undécima edición da Mostra de Teatro Afeccionado Francisco Lorenzo Mariño, ao redor de 200 persoas asistiron o sábado 23 á representación de Defectos de fábrica, a cargo da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña.

Cedida
Cedida

A última función desta mostra celebrarase o sábado 30 con Chumpá Teatro, que levará a escena Intocables. A comedia. A cita desenvolverase ás 20.30 horas no Conservatorio-Aula de Música de Aguiño, sendo a entrada de balde ata completar aforo.

Ademais de achegar esta rama das artes escénicas a través de diversas obras, o evento conta cun fin solidario porque este ano, seguindo o curso de edicións pasadas, recádanse fondos a favor da Asociación TDAH Comarca do Salnés, na súa delegación de Barbanza e con sede na Casa da Cultura da parroquia ribeirense de Aguiño.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.