Chega a Santa de Asorey o Gaiás

04 Novembro 2019

A Santa de Francisco Asorey unha das obras máis relevantes da arte galego, aínda que non das máis coñecidas, chegou hoxe o Museo do Centro Cultural do Gaiás procedente do Centro Galego de Uruguai.
Despois de preto de 70 anos na emigración, esta potente e provocadora representación dunha muller labradora galega, espida e portando un xugo de vacas, poderá verse na exposición “Galicia, un relato no mundo” que abrirá as súas portas a partir do día 15 de novembro durante seis meses.

A exposición é a primeira das tres que se celebrarán co gallo do Xacobeo 21. Acollerá mais de 300 pezas e nelas busca amosar a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo nun percorrido que vai desde a prehistoria ata a actualidade.

Francisco Asorey autor da santa ou santiña como é coñecida entre os galegos de Uruguai consideraría esta escultura como a obra da que se atopaba “máis satisfeito”. Cando o cambadés presentouna por primeira vez, na Exposición Nacional de Belas Artes no Madrid de 1926, rompeu coas convencións estéticas e coa corrección política do seu tempo, e provocou un gran debate que saltou aos xornais e mesmo escandalizou a unha raíña. e que hoxe en día estase a repetir nas redes sociais unha evz que se coñeceu que ia vir a Galicia.

Asorey levaría a primeira medalla da exposición con outra obra, San Francisco, mentres a Santa provocaba gran sorpresa e amplo debate sobre a súa representación do corpo da muller, tan afastada da figura idealizada á que estaban afeitas todas as miradas, e tamén ao redor da súa lectura política, xa que se entendeu como un símbolo da situación da Galicia do momento.

O ribeirense Manolo Gago, comisario da mostra refirese a esta escultura como “unha obra do seu tempo, simbolista, pero ao mesmo tempo moi subversiva. Para o profesor da USC, Santa amosa o compromiso das entidades galegas do exterior con Galicia un ente que é algo mais que un territorio.

Museo Centro Gaiás presentación da Santa de Asorey

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.