Boiro conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller con varias actividades

21 Novembro 2019

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o 25 de novembro, a Concellería de Política Social de Boiro organiza unha programación co obxectivo de concienciar sobre a violencia de xénero para sensibilizar, previr e educar á poboación, facéndoo xa desde a infancia, coa finalidade de chegar a erradicar unha lacra que afecta a toda a sociedade.

A primeira das actividades é o curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas que comezou onte e continuará coa segunda sesión o venres 22.

Así mesmo, o alumnado do IES Espiñeira emprenderá o luns 25 unha andaina polo municipio que conclúe na praza do Concello, lugar no que procederán á realización dunha performance. Coincidindo con esta cita, terá lugar o acto institucional programado para as 13.00 horas e que consistirá nunha concentración dos traballadores municipais e toda a veciñanza que desexe sumarse, con lectura dun manifesto antes da referida performance.

Por outra banda, o Concello boirense participa tamén no programa Machismo sen Miopías, impulsado pola Deputación da Coruña. Esta actividade consta dun obradoiro, repartido en dúas sesións, para previr as violencias machistas a través da identificación e toma de conciencia sobre as mesmas. Do mesmo xeito, o Concello está adscrito á campaña En negro contra as violencias, tal e como se acordou no pleno ordinario do mes de novembro coa aprobación da moción presentada polo grupo municipal do BNG.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.