Barbantia celebra o 14 de decembro en Boiro a súa gran festa anual

11 Novembro 2019

O vindeiro 14 de decembro celebrarase un dos grandes acontecementos culturais da tempada na nosa comarca: a entrega dos Premios Barbantia da Cultura 2019 (convocatoria número trece), que se vai complementar coa presentación da entrega número quince do volume anual da asociación, o Anuario de Estudos do Barbanza 2019. O acto desenvolverase na Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro, ás 12.30 horas.

Respecto das premiadas e premiados, elixidas e elixidos a través dos votos dos membros das de Barbantia (un proceso de votación que remata o sábado 30 de novembro e que se pode levar a cabo nas contas de correo barbantia@barbantia.es ou pastor@barbantia.es, segundo lembra a asociación cultural), constituirán unha escolma do máis sobranceiro do ano en materia de arte, literatura e dinamización cultural nos concellos que forman parte da nosa comarca.

Por categorías e finalistas, os nomeados ao abeiro do Premio Barbantia 2019 á Traxectoria Cultural son Enrique Paisal, Ana Blanco e Xoán Fernández. Na categoría do Premio Barbantia á Iniciativa Cultural son a Asociación Cultural Terra de Outes, A Pousada de Ánimas e a Real e Ilustre Confraría da Dorna. Na modalidade Premio Barbantia da Cultura Galega, as e os finalistas son Ana Romaní, Clodio González Pérez e Manuel Oliveira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.