As mulleres do proxecto Elas levarán a O Son a súa mensaxe a prol do empoderamento

21 Novembro 2019

A asociación AMBAR vai levar á Casa da Cultura de Porto Son o seu espectáculo-coloquio Elas, un proxecto artístico-comunicativo-reivindicativo que ten o obxectivo de representar a capacidade de apoderamento das mulleres artistas con diversidade funcional da dita asociación de Barbanza, protagonistas de Elas. Con esta acción, lembran dende AMBAR, “queremos recalcar a importancia de visualizar as desigualdades de xénero e loitar contra a violencia exercida ás mulleres”. A inicativa Elas, unha fronte común artística e comunicativa a prol da igualdade e a loita, será presentada en O Son a partir das 20.00 horas.

O acto comezará coa charla impartida pola asociación feminista Muchachas que achegará ao público unha presentación sobre empoderamento e violencia de xénero centrada nos falsos mitos e crenzas que a rodean. De seguido será a quenda da actuación de danza, nacida da colaboración coa coreógrafa Clara Ferrao e as artistas do grupo de artes escénicas de AMBAR. O acto rematará cun coloquio no que as súas protagonistas mostrarán un vídeo de todo o proceso de traballo levado a cabo e da experiencia vivida. Este vídeo, informa AMBAR, recolle os obradoiros iniciais onde se involucraron ós Centros de Información á Muller (CIM) das comarcas de Barbanza, Sar, Muros e Noia. A acción está promovida pola Axencia de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia a través do Asociación de Desenvolvemento Local DELOA.

No acto estarán presentes representantes políticos dos diferentes concellos que representa a Asociación DELOA (Barbanza, Sar, Muros e Noia), entre eles o alcalde de Porto do Son, Luís Oujo.

acompañados por Paca Gago, xerente da Asociación DELOA, e representantes da directiva de AMBAR.

Por certo que xa podemos ver en YouTube o vídeo que avanza e resume os detalles principais do proxecto Elas.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.