Adxudicada a ampliación do ecoparque arbóreo de aventuras de San Roque

21 Novembro 2019

O Concello de Ribeira vén de adxudicar unha nova actuación consistente na ampliación do ecoparque arbóreo de aventuras de San Roque. No pasado mes de outubro, a entidade local asinara coa Axencia de Turismo de Galicia un convenio de colaboración en virtude do cal esta última se comprometía a unha achega por un máximo do 65% do investimento total. Neste senso, a iniciativa foi adxudicada á empresa Instalaciones en Medio Natural, S.L., por un importe de 47.069 euros, IVE incluído, cun prazo de execución de dous meses.

Desde o Concello manifestan que o obxectivo desta intervención reside en “potenciar o interese desta infraestrutura como espazo de turismo activo sacándolle maior potencial ás grandes posibilidades do periurbano de San Roque”, o cal consta de 175.000 metros cadrados de superficie.

Desta maneira, duplicaranse as prestacións do ecoparque, pasando dun total de tres circuítos a seis. Os xogos que se implanten revestirán maior dificultade dos xa existentes “na procura de satisfacer as expectativas dun maior espectro de usuarios.”

Así, un dos circuítos estará equipado con rocódromo, rondinos locos, ponte de corda, unha tirolina de 17 metros e outra de 200 metros. Pola outra banda, o segundo circuíto disporá dunha escaleira de cordas, unha parede de paso, un trapecio sentado, unha ponte balancín e un cable de equilibrio. Ademais, o circuíto número tres levará unha escaleira de cordas, lianas múltiples, rede de troncos e tirolina de 150 metros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.