A Xunta amósalle aos profesionais do mar o proxecto da Sogama da auga

25 Novembro 2019

A Xunta presentoulle hoxe aos profesionais do mar o proxecto da Sogama da auga como a ferramenta necesaria para garantir unha boa depuración e para acadar a meta do saneamento integral das rías galegas.

Neste senso, as conselleiras de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e do Mar, Rosa Quintana, mantiveron esta mañá unha xuntanza co presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores e patrón maior de Ribeira, José Antonio Pérez Sieira, e cos responsables da Federación de Confrarías de Pontevedra, José Manuel Rosas, e da Coruña, Daniel Formoso.

No encontro, as conselleiras, acompañadas da directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, explicaron que o proxecto de creación dunha sociedade pública de xestión do ciclo da auga ten entre os seus obxectivos facilitar a actividade pesqueira, marisqueira e da acuicultura ao mellorar a calidade das augas.

As conselleiras lembraron que o Goberno galego traballa co obxectivo “irrenunciable” de acadar o saneamento integral das rías galegas, para o que leva mobilizados xa máis de 1.100 millóns de euros en infraestruturas hidráulicas. Segundo manifestaron, eses investimentos permitiron levar a cabo 350 actuacións de saneamento que beneficiaron a 165 concellos, e entre os que destaca a construción de 45 novas depuradoras.

Tal e como sinalaron, ese traballo deu resultados, pois permitiu estender os servizos de saneamento e depuración ata chegar a máis de 3’3 millóns de habitantes equivalentes fronte aos 1’8 millóns de 2009; que o 90% das aglomeracións urbanas cumpran coa directiva europea fronte ao 50% no 2007, e que hoxe o 76% das masas de auga das rías estea en bo estado, 10 puntos máis que hai 10 anos.

As conselleiras trasladaron a vontade de seguir traballando para acadar o saneamento integral da rías galegas, para o que sinalaron como imprescindible poder asegurar un correcto funcionamento das infraestruturas hidráulicas xa construídas. A este respecto, indicaron a preocupación existente polo feito de que máis da metade das depuradoras xestionadas polos municipios galegos teñen un funcionamento deficiente.

Para mellorar esta situación, a Xunta expresa que está a impulsar unha sociedade pública de xestión do ciclo da auga para axudar aos concellos a exercer de forma axeitada as súas competencias municipais sobre saneamento e depuración.

Co novo ente, a Xunta apunta que quere apoiar ás entidades locais na correcta explotación e mantemento das obras xa feitas, ofrecer uns servizos de calidade á poboación e contribuír, de xeito eficaz, á consecución dos obxectivos ambientais, como o saneamento integral das rías.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, apelou á necesidade da implicación de todos, especialmente as administracións locais e as deputacións.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...