A ruta + que tapas conclúe esta fin de semana en Ribeira

28 Novembro 2019
Na presentación celebrada no Concello de Boiro. Cedida

Tras o seu paso por Boiro, Rianxo e A Pobra, a quinta edición da ruta + que tapas finaliza en Ribeira. Así, o itinerario gastronómico impulsado pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte poderá realizarse polo concello ribeirense a partir do venres 29, desde as 20.00 ata as 23.00 horas, así como o sábado 30 e domingo 1 de decembro, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 20.00 a 23.00 horas. Como actividade complementaria na xornada do venres, ás 21.30 horas, o Auditorio municipal dará cabida á representación da peza teatral Elisa e Marcela, de A Panadería; mentres que o sábado, desde as 12.00 ata as 14.00 horas, o soumiller Juan Figueroa Treus aconsellará aos clientes dos locais sobre que viño acompañar con cada petisco.

O prezo da tapa establécese nos 2’50 euros e os establecementos de Ribeira que toman parte nesta iniciativa son Cocoluche, A Bodega, Esmorga, A Recoveira, O Tear, O Niño do Cuco e Aljan.

Cómpre destacar que os tres primeiros clientes en pedir un petisco nalgún dos locais anteriormente enumerados durante o día de apertura da ruta, terán como premio unha entrada para concerto de Julián Maeso que se celebrará o 30 de novembro en A Pousada da Galiza Imaxinaria, no municipio de Boiro. Ademais, tódolos participantes entran nun sorteo de catro bonos gastronómicos e un concerto exclusivo que terá lugar antes de que finalice o presente ano.

Por outra banda, este evento gastronómico conta coa colaboración dos bodegueiros de Viños da Terra de Barbanza e Iria, propoñendo maridar os petiscos cos seus caldos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.