A próxima semana abre o prazo de preincrición dos campamentos de conciliación de Nadal en Ribeira

27 Novembro 2019

Ribeira abre do 2 ao 15 de decembro o prazo de preinscrición dos campamentos de conciliación do Nadal Cultural 2019. Así, ofértanse dúas modalidades. Por unha banda, o Campamento Multidisciplinar Nadal Concilia, dirixido a nenos e nenas nados entre o 2011 e o 2016 das parroquias de Santa Uxía e Palmeira, cunha capacidade para 120 participantes distribuídos en catro grupos e que terá lugar no Conservatorio municipal, en horario de 09.00 a 14.00 horas, entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro (inclúe o 24 e o 30 de decembro).

Doutro lado, está o Campamento Multidisciplinar Nadal Xogo, con dúas sedes, unha na Casa de Cultura de Aguiño (para as parroquias de Aguiño, Carreira e Castiñeiras) e outra no Centro Social de Oleiros (para Oleiros, Corrubedo, Olveira e Artes). Está dirixido a nenos e nenas nados entre o 2011 e o 2015, cunha capacidade para 60 participantes distribuídos en dous grupos e desenvolverase de 09.00 a 14.00 horas entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro (inclúe o 24 e o 30 de decembro).

En ambos casos, o prezo da matrícula establécese nos 24 euros, efectuándose un 20% de desconto para familias numerosas, desempregados de longa duración e persoas con discapacidade de, polo menos, un 33%. Ademais, reservaranse un 10% das prazas para emerxencia social.

De encherse a cota, a orde de prioridade será a seguinte: participantes empadroados en Ribeira, proxenitor (pai/nai/titor) en activo e orde de inscrición.

Os interesados poden formalizar a preinscrición cubrindo un formulario online a través da páxina web www.riveira.es desde as 09.30 horas do 2 de decembro ata as 23.59  horas do 15 de decembro; ou de xeito presencial no Centro Cultural Lustres Rivas, en horario de 09.30 a 13.30 horas, de luns a venres. Tamén se posibilita solicitar máis información mediante o teléfono de contacto 981835650 ou o enderezo electrónico culturaefestexos@riveira.com.

Outros artigos

Ribeira marchará por quinta vez contra o cancro no 16 de maio

A cidadanía volverá camiñar por unha boa causa coa quinta edición da Andaina Solidaria “Ribeira en Marcha Contra o Cancro” que botará a andar no sábado, 16 de maio, por parte da xunta local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en colaboración co Concello. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.