A primeira Regata á Inversa-Trofeo ALCA navegará as augas da ría de Arousa

21 Novembro 2019
Facebook do Club Náutico Arousa Norte

O Club Náutico Arousa Norte bota a andar a primeira Regata á Inversa-Trofeo ALCA, destinada á clase cruceiro. Esta cita disputarase o sábado 30 nas augas da ría de Arousa, establecendo as 13.30 como hora teórica da saída do primeiro barco en función da súa velocidade, sendo o máis rápido o último en zarpar.

Así, entregarase a tódalas embarcacións un listado coas horas exactas de saída e o Comité de Regatas dará a hora oficial ás 13.15, 13.20 e 13.25 co obxectivo de permitir aos participantes a sincronización dos seus reloxos.

Cada barco dispón dun máximo de 10 minutos para saír a partir da súa hora correspondente e aqueles que non se atopen no seu momento de zarpar detrás da liña de saída, deberán volver a saír e informar ao Comité de Regatas.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.