A Pobra solicita a colaboración da Deputación para a recuperación da Casa da Cadea

28 Novembro 2019

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse co alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, e a concelleira de Cultura da localidade, Patricia Lojo, para abordar diversos asuntos relativos á colaboración entre ambas administracións.

Piñeiro e Lojo solicitaron a colaboración da institución provincial para abordar o proxecto de adquirir e rehabilitar a Casa da Cadea, un edificio do século XVIII onde se situaba o antigo cárcere da vila, do que só se conservan na actualidade os muros de carga perimetrais e a fachada de cantería.

Segundo explicaron, a idea do goberno municipal é recuperar e rehabilitar o inmoble, o cal forma parte do patrimonio histórico do municipio, para usos culturais, entre eles o de biblioteca.

O goberno municipal da Pobra solicitou tamén o apoio económico da Deputación para levar a cabo outro gran proxecto de recuperación patrimonial: a rehabilitación das naves dos Arcos, no Barrio dos Cataláns, testemuñas do pasado industrial da zona. O goberno pobrense traballa nun proxecto para a recuperación integral das antigas naves de salazón, algunhas nun estado de deterioro importante, co obxectivo de recuperalas para usos públicos.

González Formoso afirmou que se trata de dous proxectos ambiciosos, que requirirán dun investimento importante para a súa execución, e comprometeuse a estudar posibles vías de colaboración para materializalas. Así mesmo, amosou o seu interese en visitar persoalmente ambos os dous enclaves nunha próxima visita institucional ao concello da Pobra.

Ademais, durante a xuntanza tratouse a necesidade de melloras nas estradas provinciais DP 6703 (Camiño Ancho) e DP 6702 (Aldea Vella), así como a posibilidade de transferir á Deputación a titularidade da prolongación da DP 6705 que sube á Curota, mentres que o Concello asumiría o tramo urbano da DP 6703.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.