A Pobra pon en valor os cogomelos coas III Xornadas Micolóxicas

11 Novembro 2019

A terceira edición das Xornadas Micolóxicas chega á Pobra do Caramiñal cunha programación que inclúe coloquios, obradoiro, saída ao campo e concurso fotográfico. A convocatoria deste ano esténdese do 13 ao 17 de novembro, arrancando o mércores 13 coa charla introdutoria Os cogomelos no medio natural, ás 20.30 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán. O xoves 14 terá lugar o obradoiro Cultivo do xénero Pleurotus, ás 20.30 horas, na aula de estudo situada na planta superior da Biblioteca municipal. Ventos-Estudos Ambientais será o encargado de impartir esta acción, onde os participantes elaborarán sacos de cultivo de Pleurotus ostreatus, que despois poderán levar para as súas casas, así como un tríptico coa información para o mantemento do citado saco. Para esta actividade requírese inscrición previa, pois disponse dun máximo de 25 prazas.

Enfilando a fin de semana, o venres 15 celebrarase no Auditorio do Museo Valle-Inclán, ás 20.30 horas, a conferencia As cantareláceas de Galicia, a cargo de Jaime B. Blanco Dios, presidente da Asociación Micolóxica Brincabois de Pontevedra. Na xornada do sábado 16, en horario de 11.00 a 13.00 horas, desenvolverase o obradoiro Conservación e propiedades dos cogomelos, impartido por Arenaria Coordinación e que ensinará diferentes métodos de conservación, ademais de comparar as propiedades nutritivas dos cogomelos con outros alimentos. A aula de estudo situada na planta superior da Biblioteca municipal acollerá esta actividades para a que se precisa inscrición previa ao dispoñerse dun límite de 25 prazas. Finalmente, o domingo 17 haberá saída ao campo con Jaime B. Blanco Dios, en horario de 10.00 a 13.30 horas. Posteriormente, procederase á exposición na Casa Mariñeira e entrega de premios do III Concurso Fotográfico, para o cal era obrigatoria a inscrición previa aberta ata o 31 de outubro, ás 12.00 horas.

As actividades son de balde e os interesados poden solicitar máis información ou inscribirse a través do enderezo electrónico medioambiente@apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Relevo en Portugal”. José Castro López

“Relevo en Portugal”. José Castro López

Comparto con muchos gallegos una vieja querencia por Portugal. Nos une la geografía, la historia y también algo tan profundo como la afinidad de carácter y una manera de entender la vida. Admiro su paisaje y sus monumentos, su cultura y su gastronomía, su hospitalidad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.