A Pobra celebra o xantar de confraternidade agardando superar os 800 comensais

18 Novembro 2019

O pobrense pavillón municipal de deportes da rúa Venecia será escenario o venres 29, a partir das 14.30 horas, do xantar de confraternidade dirixido a maiores de 60 anos. Ademais da propia comida, haberá baile e actuación musical a cargo de Mar Davila. Unha cita que está destinada a converterse nun éxito, pois xa hai 400 entradas vendidas desde que a semana pasada abrise o prazo de compra e tendo en conta que o máximo se establece nas 850 persoas. Así o deron a coñecer esta mañá o alcalde Xosé Lois Piñeiro e a concelleira de Servizos Socias, Estefanía Ramos.

A edil manifestou que os tíckets continuarán á venda ata o 26 de novembro por un prezo de 15 euros por persoa, adquiríndose na propia Casa do Concello. Deste xeito, convidou a tódolos interesados maiores de 60 anos a unirse a este evento.

Pola súa parte, o rexedor destacou que se trata dunha alternativa de ocio moi demandada pola xente maior. De feito, precisou que “cando se publica, rapidamente se forman colas no Concello para inscribirse.” Así mesmo, apuntou a que o prezo de partida da licitación estableceuse nos 35.100 euros, presentándose por primeira vez máis dunha empresa ao concurso público e resultando adxudicado o xantar a Chicolino Restauración por 27.540 euros, sen IVE incluído. Neste senso, supuxo un aforro de 5.000 euros para o Concello con respecto á base de licitación. Tamén aproveitou a ocasión para expresar o seu agradecemento a todas aquelas empresas que colaboran nesta cita, así como o labor de distintos traballadores municipais e de Protección Civil.

Outros artigos

Cinco equipos loitarán por conquistar a XX Bandeira Concello da Pobra

A Pobra vivirá o sábado 12 de xullo unha das probas deportivas con máis historia do municipio: a XX Bandeira Concello da Pobra. A cita, organizada polo Club Remo da Pobra en colaboración co Concello, está encadrada dentro da Liga Galega de Traiñeiras B. A sala de...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.