A Pobra acolle este venres unha homenaxe póstuma a Plácido Betanzos

06 Novembro 2019

O libro póstumo do profesor, político e escritor palmeirense Plácido Betanzos, falecido en 2018, vai seguir o seu itinerario de presentacións por diversos puntos estratéxicos da nosa comarca. Relatos e lembranzas será dado a coñecer este venres 8 de novembro ás 20.30 horas no Auditorio Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.

A cita, que tamén será unha homenaxe colectiva, contará coa presenza de Patricia Lojo, concelleira de Cultura, Jesús Laíño Briones-Aren, da Asociación Cultural Barbantia, José Muñiz Santalla, membro da Comisión de Homenaxe a Plácido Betanzos e Xosé Lois Piñeiro, alcalde da Pobra. O acto, organizado polo Concello pobrense, virá acompañado da vertente poético-musical a cargo da asociación local ESMU.

Mestre, político e contador de historias

Plácido Betanzos, nado en Palmeira en 1952, foi profesor en varios institutos e rematou a súa carreira docente no IES Leliadoura de Palmeira. Compaxinou este labor co traballo político no Concello, onde foi edil do BNG entre os anos 1992 e 2002 e candidato á alcaldía de Ribeira nos anos 1995 e 1999. Amais, tamén foi tamén un activo comunicador e froito desta vertente literaria, xornalística e creativa abrollaron escritos como os que compoñen Relatos e lembranzas ou senlleiros artigos como Bágoas na chuvia, que foi unha das primeiras reflexións-denuncia desenvolvidas na nosa comarca e en Galicia sobre o problema da violencia machista. O pasado verán, Relatos e lembranzas foi dado a coñecer no consistorio de Ribeira.

Outros artigos

Máis de 30 persoas participan nas xornadas do Premio Emprende-Co Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou os días 1 e 9 de xuño dúas sesións informativas sobre o Premio Emprende-Co Pobra, unha iniciativa municipal de apoio ao emprendemento e á dinamización do comercio local impulsada pola área de Promoción Económica co respaldo da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...