A Mostra de Teatro Afeccionado de Aguiño ábrese con humor e solidariedade

11 Novembro 2019

A edición 2019 (onceava convocatoria) da Mostra de Teatro Afeccionado Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño arrancou este sábado 9 de novembro ás 20.30 horas no Conservatorio da vila ribeirense. E fíxoo, coa presenza dun nutrido público, da man da agrupación O Aturuxo de Melpómene e da súa comedia Algo pasa con Paco. Á representación acudiron preto dun centenar de persoas. A previsión é de que, a medida que avance o ciclo de espectáculos, se supere a cifra das 200 persoas, do mesmo xeito que nas anteriores edicións.

A mesa solidaria de TDAH Salnés-Barbanza

O espectáculo de apertura da mostra acompañouse dunha importante vertente solidaria: dúas mesas habilitadas para recadar doazóns a prol da Asociación TDAH Salnés-Barbanza. Nas mesas estiveron Emilio Martís, profesor de Apoio Educativo; Becky Camean, delegada comarcal TDAH en Ribeira-Aguiño; e máis Elvira Pisos, presidenta da Asociación Cultural e Veciñal Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño, organizadora do ciclo teatral. Por certo que a propia Pisos foi a encargada, tamén, de presentar a mostra e dar a benvida ao público. A presidenta da asociación estivo acompañada, na inauguración, da directiva da entidade (Pepita, Pili, Rosita, Unai, Moncha, Teruca, María Dolores e Carmencita).

Benvida da mostra a cargo de Elvira Pisos

A mostra desenvolverase até o 30 de novembro, con compañías procedentes de Narón, Melide, Pedrouso e Cuntis.

Outra imaxe da mesa solidaria instalada no Conservatorio de Aguiño

Respecto das vindeiras actuacións, o sábado 16 será a quenda da agrupación Charamela con Pode ser calquera…; seguida da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña con Defectos de fábrica o sábado 23; e Chumpá Teatro con Intocables. A comedia o sábado 30.

Tódolos espectáculos celebraranse ás 20.30 horas no Conservatorio-Aula de Música de Aguiño, sendo a entrada de balde ata completar aforo. Este ciclo conta coa colaboración da Concellería de Cultura de Ribeira e a Deputación da Coruña, así como diversas empresas e entidades.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.