A dobre actividade ofrecida pola escritora Eva Mejuto indagou no Lustres Rivas sobre a desigualdade de xénero

11 Novembro 2019

O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira albergou na mañá do sábado 9 unha dobre actividade de balde, na que servíndose do conto como principal vehículo de sensibilización, a escritora Eva Mejuto quixo facer reflexionar aos asistentes en torno á violencia e desigualdade de xénero.

Primeiramente, tivo lugar a charla-taller Voces Violetas, a través da cal se analizou a presenza de micro e macro machismos por medio de narracións, cancións e personaxes literarios ou televisivos.

Posteriormente, ofreceuse unha función de contacontos na que os máis pequenos puideron percibir cales son os roles máis habituais dos personaxes femininos e masculinos nos contos.

A actividade estivo promovida en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística  da Xunta de Galicia, enmarcada no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.