A Deputación destina axudas ás confrarías de Aguiño, Ribeira, Pobra, Cabo de Cruz e Rianxo

13 Novembro 2019

A Deputación da Coruña vai destinar preto de medio millón de euros para apoiar as confrarías de pescadores da provincia. Na listaxe de entidades mariñeiras que recibirán estas axudas atópanse cinco da nosa comarca.

Trátase da Cofradía de Pescadores de Carreira e Aguiño (que contarán cunha contía de algo máis de 12.000 euros, dirixido a financiar os gastos do persoal), a Cofradía de Pescadores da Pobra (que recibirá 14.000 euros para gastos de persoal), a Cofradía de Cabo de Cruz (que contará con 14.000 euros para mellorar a operatividade da propia entidade e máis da Lonxa local), a Cofradía de Ribeira (á que se destinarán 18.000 euros, con vistas a garantir os pagos da seguridade social e das nóminas do persoal e comercializar os produtos dos socios) e a Cofradía de Rianxo (á que se lle achegarán 18.000 euros, con vistas a financiar o labor do persoal).

En total, o destinado pola Deputación da Coruña é unha partida de 468.891,69 euros dirixidos a apoiar a 31 confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia na contratación de persoal e na modernización dos seus procesos de produción e comercialización.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que con estas contías “a área de Promoción Económica do goberno provincial quere seguir impulsando un sector estratéxico, de gran importancia social e económica en Galicia e na provincia da Coruña” e lembrou que a acuicultura e a pesca xeran arredor de 40.000 empregos e supoñen máis do 2% do PIB da comunidade.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.