A Casa da Cadea de Pobra, na Lista Vermella de Patrimonio

04 Novembro 2019

A Lista Vermella de Patrimonio que mantén e actualiza Hispania Nostra, co obxectivo de sensibilizar á poboación e ás administracións sobre a necesidade de coidar e poñer en valor os tesouros arquitectónicos, artísticos e culturais das dezasete Comunidades, recibiu a semana pasada a incorporación dun novo elemento da nosa comarca, a Casa da Cadea (o antigo Cárcere) da Pobra, que engadir a outra inclusión do ano pasado en proceso, desta volta, de saír da lista vermella: a do Pazo-Torre de Goiáns en Boiro, a día de hoxe obxecto de recuperación por parte do Concello.

Segundo sinala Hispania Nostra, o edificio pobrense, construído a finais da década dos oitenta do século XVIII por orde de Domingo Gayoso de los Cobos, está a día de hoxe en “estado de ruína e abandono”. E todo malia o seu carácter de edificación senlleira e de estar inventariado pola Administración galega ao abeiro da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia. Na Lista Vermella faise saber que o predio atópase en risco de desaparición, tal e como se constatou hai uns anos cando saíu á luz un proceso local para mercar o inmóbel, demolelo integramente e aproveitar certos elementos para unha nova construción de uso público.

Segundo engade Hispania Nostra, trátase dun “importante edificio civil destinado a cárcere dentro do centro histórico da Pobra do Caramiñal, na rúa da Ponte”. De planta rectangular e paredes de mampostería de granito, o que podemos ver hoxe son as paredes laterais e a fachada, esta última cun arco rebaixado. Como dixemos, foi construído no século XVIII por Domingo Gayoso de los Cobos, un dos nobres máis relevantes da Galicia daquel tempo, herdeiro do condado de Amarante, o marquesado de San Miguel de Penas e o marquesado de Parga, no que se incluía a xurisdición de Pobra.

A Casa da Cadea funcionou como prisión até finais do século XIV.

Outros artigos

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla coa colaboración da Concellaría dos Deportes. A regata terá lugar no 18 de xaneiro, a partir das 10.30 horas, e poderán participar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pasear ou traballar” – Xulio Xiz

“Pasear ou traballar” – Xulio Xiz

Antes, as sentencias cuasi filosóficas eran propias da xente de idade, adquiridas por experiencia vital. E palabra de vello era palabra sabia, material sobre o que se construíu o riquísimo refraneiro popular. A frase rotunda que orixina a miña cavilación, foi...