A atleta ribeirense Ana Peleteiro chegou con Vai de peixe á Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Coruña

25 Novembro 2019
Na presentación do Vai de peixe en Ribeira

O tráiler da campaña Vai de peixe continúa o seu percorrido por Galicia. Esta mañá, coincidindo coa súa parada na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, a ribeirense atleta olímpica Ana Peleteiro ofreceu unha charla teórica sobre adestramentos, alimentación e motivación no deporte e unha sesión práctica aos estudantes.

A deportista galega explicoulles aos alumnos a súa traxectoria deportiva e os motivos polos que decidiu optar polo atletismo, así como a importancia de incluír os produtos do mar na dieta para contar cunha alimentación saudable e estar ben fisicamente para poder acadar os seus obxectivos. Por iso, animou aos estudantes, que ateigaron o salón de actos da facultade, a introducir os peixes e mariscos na súa dieta e explicoulles que hai moitas receitas que son sinxelas de elaborar e que permiten ter unha alimentación variada.

Ana Peleteiro destacou a importancia de contar cun plan nutricional que inclúa distintos tipos de alimentos saudables e lembrou as posibilidades que ofrece Galicia, cun gran número de produtos do mar para escoller, algo que, lamentou, nalgunhas ocasións non atopa cando vai a competir a outros países, o que lle dificulta cumprir con ese plan nutricional.

Neste encontro co alumnado da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Coruña, a deportista de Ribeira tamén participou nunha demostración práctica na que deu consellos aos estudantes sobre como mellorar a súa técnica de salto ou que movementos realizar para obter mellores resultados.

A atleta é unha das prescritoras de Vai de peixe, a campaña impulsada pola Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar co obxectivo de cambiar os hábitos alimenticios da franxa de idade de entre 18 e 35 anos para que desfruten máis e mellor dos produtos do mar, esenciais nunha alimentación equilibrada e saudable.

Outros artigos

En Ribeira caída xeneralizada de fibra en varias zonas

Onte contorna ás 11 da mañá, as redes de fibra de distintos fogares de Ribeira deixaron de funcionar debido a un fallo de BRAS. As empresas provedoras comunícannos que actualmente este problema xa case esta emendado na súa totalidade e que o servizo está case...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

Todo ao grande, como debe de ser para aparentar fartura. En A Cañiza, neste mesmo ano,Alberto fixo o bocadillo máis grande que se coñece no mundo. Era de xamón, tan grandeque ninguén era quen de comelo enteiro. A barra de pan medía uns vinte metros delonxitude e a...

“Amigos”. Xulio Xiz

“Amigos”. Xulio Xiz

Eu era de facer anotacións de todo tipo, ata que as novas tecnoloxías me mudaron os hábitos. Hai anos utilizaba unha relación de varios folios onde tiña clasificados por orde alfabética amigos e coñecidos con enderezo, teléfonos e correos electrónicos. E, á parte,...