A ARE convoca eleccións á Presidencia

26 Novembro 2019

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) convoca eleccións á Presidencia. Aínda que o mandato da actual Presidente expira o vindeiro mes de febreiro, tomouse a decisión de adiantar as eleccións a finais deste ano co fin de que a Xunta Directiva que resulte deste proceso electoral poida empezar o ano 2020 a pleno rendemento.

A convocatoria xa foi remitida aos asociados xunto co calendario fixado para o proceso electoral que rematará o 19 de decembro coa celebración das eleccións nunha Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para as 20.00 horas, en primeira convocatoria, e para as 20.30 horas, en segunda.

Segundo o calendario electoral, as candidaturas poderán presentarse entre os días 27 de novembro e 3 de decembro, ambos incluídos. Estas candidaturas deberán conter, segundo o establecido nos estatutos vixentes, a presentación do candidato a Presidente, a composición da Xunta Directiva que deberá dispor dun mínimo de tres compoñentes e o programa electoral.

O 9 de decembro realizarase a comunicación pública de candidaturas válidas e non válidas e, desde ese mesmo día ata o 13, estará aberto o prazo para a presentación de alegacións.

A proclamación definitiva de candidaturas terá lugar o 16 de decembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.