Un encontro con vistas á recuperación da ruta xacobea

18 Outubro 2019

20191018. Un local hostaleiro de Ribeira acolleu un xantar de confraternidade entre a Asociación Amigos do Camiño do Barbanza. A Orixe e os alcaldes dos concellos do Barbanza e O Sar -concretamente, asistiron os rexedores de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Padrón-. O obxectivo desta primeira toma de contacto institucional reside en presentar o proxecto cultural de recuperación do antigo itinerario xacobeo que transitaba por este territorio.

Antonio González Millán, en representación do citado colectivo, manifestou que este proxecto consta dun exhaustivo traballo de investigación e documentación que está a piques de cristalizar na marcaxe do traxecto. Así mesmo, precisou que o camiño “está xustificado, está argumentado a partir de documentación, de referencias en manuscritos, publicacións antigas ou non de carácter librario e en testemuños arqueolóxicos e patrimoniais.”

Paralelo á ruta marítimo-fluvial pola que entraron os restos do Apóstolo Santiago, o referido camiño toma como punto de partida Corrubedo, lugar no que se sitúa a cidade asolagada de Valverde que aparece no Pseudo Turpín do Códice Calixtino, entroncando co camiño portugués en Iria Flavia. Desta maneira, as persoas que completen o itinerario chegando a Santiago, poderán obter a Compostela.

Ademais, González Millán apuntou que hai negociacións tanto co Arcebispado coma coa Xunta de Galicia.

O camiño supera os 100 quilómetros ata Santiago e estará delimitado en cinco etapas que constan de entre 20 e 25 quilómetros cada unha. Antes de que conclúa o presente ano, procederase á realización dunha presentación pública na que se dará conta das súas características.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...