Toxo Telecom lanza servizo de fibra para fogares e empresas

08 Outubro 2019

20191008 A operadora ribeirense Toxo Telecom anunciouno este verán: o comezo do outono ía vir con novidades importantes para os clientes reais e potenciais da firma de telecomunicacións. Estas novidades eran principalmente dúas: por unha banda os atractivos prezos das diferentes tarifas de servizo móbil e, pola outra, o subministro de fibra para os fogares e as empresas (tecnoloxía FTTH polas súas siglas en inglés). O primeiro converteuse en realidade os días pasados e o segundo (a rede de alta velocidade para os domicilios, amais de móbil 4G) vén de facerse oficial a través do Facebook de Toxo Telecom.

A fibra da empresa de Barbanza estréase con tres modalidades. A máis básica é a tarifa Fibra 100, que achega 100 Mbps a un prezo de 27,95 euros. A segunda, Fibra 300, subministra 300 Mbps a un custe de 31,95 euros. A tarifa máis completa é Fibra 600, que achega 600 Mbps a 35,95 euros. Segundo lembran dende Toxo Telecom, todos os prezos inclúen o IVE.

Para resolver dúbidas sobre esta nova e interesante liña de servizo, pioneira no Barbanza, a operadora recorda que hai un número de teléfono móbil específico ao que chamarmos, o 602 247 247, e que tamén está operativa a páxina web www.toxotelecom.com e máis o Facebook propio da empresa, actualizado de xeito permanente.

A fibra de Toxo Telecom, que xa ten imaxe propia (a caixa de cereais como alimento completo e máis que nutritivo), vaise comercializar en converxencia ou individualmente.

Toxo Telecom, para que non o saiba, é unha operadora galega posta en marcha en 2018 por tres emprendedores de Ribeira, centrada en ofrecer servizos de telefonía móbil, con tecnoloxía 4G en todo o territorio nacional. Recentemente a empresa avanzou a posibilidade de ofertar aos seus usuarios produtos de telefonía fixa e vender así unha solución converxente con catro servizos principais: TV, móbil, fixo e Internet, como ofrecen os grandes operadores.

Outros artigos

O Concello de Ribeira dota ao porto de Aguiño dunha marquesiña

A veciñanza da parroquia de Aguiño xa dispón dunha marquesiña nas inmediacións do porto despois de que a brigada municipal de obras procedese coa súa fabricación e colocación. O Concello de Ribeira dá así resposta a unha demanda veciñal dilatada no tempo para protexer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...