Solicitan dez anos de cárcere para un home por intentar apuñalar á súa ex-parella en Ribeira

31 Outubro 2019

A Fiscalía solicita á Audiencia Provincial dez anos de prisión e inhabilitación especial durante o tempo de condena para un home acusándoo dun delito de homicidio en grao de tentativa con agravante mixta de parentesco e agravante de xénero.

Os feitos remóntanse a cando o procesado J.C.P.A., maior de idade e con antecedentes penais xa cancelados, se atopaba ás 08.00 horas do 25 de agosto de 2018 nas inmediacións do domicilio da súa ex-parella, situado en Ribeira. Segundo recolle o texto, o individuo atopábase escondido no portal contiguo, “á espera de que a mesma saíse do citado domicilio para ir traballar, posto que coñecía os seus horarios e rutinas” para abordala en canto saíu á rúa. Nun primeiro momento, ela non o recoñeceu porque el ía vestido con bufanda e gorro que lle tapaban parcialmente a cara.

Tras abordala, segundo relata a fiscal, díxolle “vén aquí que quero falar contigo e aquí non nos ve ninguén”, mentres que a agarraba polo pescozo para, a continuación, arroxala contra dous vehículos estacionados, producíndolle un forte golpe nas costas. Nese intre, “actuando con ánimo de matala, empuñou un coitelo de cociña de grandes dimensións (duns 25 cm) e intentou cravarllo no pescozo.” O escrito prosegue apuntando que non o logrou porque a vítima conseguiu agarrar a arma cunha man, ao mesmo tempo que “forcexeaba con el” e gritaba pedindo auxilio. Os veciños escoitárona e acudiron na súa axuda, momento no que o acusado abandonou o lugar nun coche.

Segundo o Ministerio Público, o procesado “tivo como motivación actuar en vinganza ante a negativa reiterada da vítima, nos últimos 3 meses previos ao ataque, de volver reanudar a relación sentimental con el, tratando este de impoñer a súa vontade e dominala pola súa condición de muller.”

Ademais dos dez anos de cárcere polo delito mencionado anteriormente, a Fiscalía solicita que o procesado, “como responsable civil directo”, indemnice á vítima con 10.000 euros polas lesións e secuelas sufridas.

O xuízo celebrarase entre o luns e o martes da próxima semana na sección primeira da Audiencia Provincial de A Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...