Samaín, un festexo para divertirse e traballar as áreas social, cognitiva e psicomotriz

31 Outubro 2019
Cedida por AGADEA

Usuarios do Centro de Día de Ribeira e dos Centros de Estimulación Integral de Ribeira e Boiro, atópanse desenvolvendo actividades relacionadas co Samaín co obxectivo de “traballar compoñentes de todas as áreas, sexa a social, a cognitiva ou a psicomotriz”, tal e como manifestan desde a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer (AGADEA). Neste senso, traballaron a orientación temporal ao empregar produtos tradicionais desta tempada como son as cabazas, as cales tiveron que decorar manipulando distintos obxectos “traballando diferentes capacidades psicomotrices.”

Así mesmo, os usuarios colorearon máscaras relacionadas coa temática actual, facendo uso da creatividade e mellorando as relacións interpersoais e o ocio. Tamén realizaron un photocall para esta mesma tarde tomarse fotografías que permanecerán no recordo ao tempo que se difunde o labor da citada asociación.

Ademais, traballan esta temática como terapia de orientación á realidade (TOR), contribuíndo a que a persoa comprenda o mundo que o rodea. Desta maneira, “o que se pretende é que se familiaricen coa temática da actualidade, que comprendan o motivo polo cal se poden atopar con persoas disfrazadas na rúa, escaparates decorados con teas de araña, etc. así como que aquelas persoas que teñan netos ou bisnetos en idade escolar comprendan o por que estes días posiblemente saen disfrazados á rúa.”

Para esta tarde teñen programadas varias actividades. Con motivo da xornada do 1 de novembro, comezarán cunha sesión de estimulación cognitiva grupal, abordando a reminiscencia relacionada co día de Tódolos Santos e Defuntos, traballando a memoria a longo prazo, expresión e fluidez oral “mediante evocación de vivencias, relacións interpersoais, entre outras moitas capacidades.” A continuación, realizarán actividades psicomotrices con castañas, aproveitando para festexar tamén o magosto, desenvolvendo diferentes xogos.

Finalmente, merendarán castañas cocidas e rematarán a tarde cun bingo, o cal terá como premio uns cucuruchos destes froitos, divertíndose ao tempo que traballan a atención, as funcións executivas (FFEE), lectura, identificación numérica e coordinación óculo-manual, entre outras.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.