Rianxo promove unha lectura pública para impulsar o galego no ámbito funerario

22 Outubro 2019

20191022 O proceso de normalización da presenza do galego non chega de maneira uniforme á sociedade, hai contornas onde é máis que natural a súa presenza e outras, por prexuízos ou falsas crenzas que teiman en manterse, nas que non. Neste último caso sitúase o ámbito funerario, onde aínda hoxe, con todo que ten chovido, é raro ver información en galego ou escoitalo nos actos vencellados ao falecemento dunha persoa.

Dende Normalización Lingüística do Concello de Rianxo queren inverter esta situación, de aí que se convocase un acto público e aberto para a cidadanía (o acto Para sempre, en galego) que ten o obxectivo de “promover a nosa lingua nos actos funerarios”, como por exemplo publicación de necrolóxicas, inscricións nas lápidas ou redacción de testamentos.

Incluirase na convocatoria unha lectura pública de mandas testamentarias e a sinatura dunha declaración individual de vontade de seren despedidas/os e lembradas/os en galego.

A iniciativa, que estará presidida polo alcalde Adolfo Muíños, levarase a cabo o día 31 de outubro, no Cemiterio Municipal a partir das 17.00 horas. A convocatoria, como dixemos, está aberta á veciñanza en xeral, que para participar na lectura debe dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística a través do 881 988 891 ou mediante a conta de correo electrónico normalizacion@concelloderianxo.gal.

Para quen non o saiba, unha manda testamentaria é un pequeno texto xurídico onde alguén recolle unha parte importante dos afectos e sentimentos que se queren transmitir aos herdeiros e a obriga de dar cumprimento ao desexo de administrar o patrimonio común, neste caso, a lingua e a cultura de Galicia.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.