Renacer lanza novo programa de promoción de hábitos saudábeis nas escolas

31 Outubro 2019

A Asociación Renacer, con centro de operacións en Ribeira, vén de por en marcha a iniciativa Aprendendo a crecer: programa de adestramento en habilidades da vida e promoción da saúde, unha proposta que dá continuidade ao labor desenvolvido en cursos anteriores en materia de formación saudábel, social e comunicativa para idades temperás (complementando o traballo docente nas escolas).

O programa, que pon o foco nos centros educativos, chega este curso á súa terceira edición. E faino afondando nos contidos subministrados nas dúas anteriores convocatorias e dando un espazo predominante “ás habilidades para a vida”. Neste punto, Renacer salienta que “a adquisición das habilidades persoais e sociais axeitadas xogan un papel decisivo no futuro axuste psicolóxico e desenvolvemento psicosocial dos/as adolescentes”.

O obxectivo principal do programa é “proporcionar ás mozas e mozos as habilidades necesarias para que poidan enfrontarse ás influencias sociais que inciten ao consumo ou outras condutas que supoñan un risco para a súa saúde, facendo fincapé na presión do grupo de amigos/as, dada a intensidade que adquire neste período da adolescencia”.

A iniciativa desenvolverase baixo a metodoloxía do adestramento directo en técnicas de afrontamento á presión dos iguais, complementándose con intervencións encamiñadas a incrementar a competencia individual do/a adolescente. O programa pretende, tamén, promover o coñecemento dos/as adolescentes en tres áreas fundamentais cara a promoción da saúde: uso responsable das novas Tecnoloxías da Información ea Comunicación (TIC), consecuencias do consumo de drogas e sexo seguro (prevención das ITS e VIH-SIDA).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...