Premio para Ecoplas Barbanza polas súas mallas ecolóxicas para cordas de mexillón

28 Outubro 2019

O venres pasado entregáronse os galardóns aos mellores e máis sustentábeis proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP). En total, recoñecéronse cinco iniciativas ao abeiro da segunda edición dos Premios Economía Azul, un dos cales foi dar á nosa comarca, concretamente a distinción concedida a Ecoplas Barbanza, con sede na Pobra, polo seu sistema de mallas protectoras paras cordas de mexillón. Os premios tiveron unha importante participación cidadá: os internautas elixiron a media decena de proxectos recoñecidos a través dos seus votos (7.000).

Na gala, celebrada na Cidade da Cultura, fixo acto de presenza conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen felicitou tanto aos cinco proxectos gañadores como aos dez finalistas e ao resto de iniciativas presentadas nos últimos anos “por contribuír ao desenvolvemento da Galicia costeira pensando globalmente e actuando localmente”. Na entrega de galardóns tamén participaron representantes das confrarías de pescadores, unha representante da Rede Europea das Zonas de Pesca (Farnet), e as presidentas e presidentes dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) de Galicia.

As iniciativas que resultaron gañadoras foron no eido de apoio á pesca costeira artesanal, o proxecto Do mar á mesa: Depuración e punto de venda, do GALP A Mariña-Ortegal; na creación de emprego, Albergue Estela do Mar, do GALP Ría de Vigo-A Guarda; na diversificación, Obras de Restauración do Dique da Cabana e a súa contorna, do GALP Golfo Ártabro Norte; en innovación local a planta de produción de aceite de microalgas do GALP Costa da Morte; e na categoría de economía circular (un galardón de nova creación nesta edición) o proxecto elixido foi Produción de mallas protectoras biodegradables para o cultivo de mexillón, do GALP Ría de Arousa. Esta última contribución veu da man de Ecoplas Barbanza SL, con sede na Pobra, e consiste na fabricación dun sistema de protección para as cordas de mexillón con polímeros biodegradábeis e compostábeis que protexen o molusco da acción depredadora dos peixes. Co emprego destes novos elementos na fabricación das cordas tamén se potencia o selo de mexillón ecolóxico ao cumprir coa normativa do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Os premios Economía Azul teñen carácter bienal e están promovidos pola Consellería do Mar a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. Con eles preténdese “motivar a potenciais promotores a que presenten proxectos ao abeiro do GALP, dar visibilidade ao traballo dos grupos nas zonas pesqueiras e recoñecer os mellores proxectos aprobados no marco das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) dos GALP que contribuíron ao desenvolvemento sustentábel das zonas pesqueiras”.

A gala de entrega de premios estivo conducida polas actrices Marta Pérez e Diana Sieira de Inversa Teatro e, tralo acto de entrega de galardóns a todos os distinguidos polo seu traballo, contou cun peche musical a cargo de Davide Salvado.

Outros artigos

O Elma acolle este venres a proxección de “Matria”

O Teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal, no marco do ciclo Venres de Cine, acolle este venres 13 de febreiro a partir das 21.00 horas a proxección do filme galego Matria, dirixido por Álvaro Gago. A entrada é de balde ata completar a cabida. Organiza a concellaría de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

El papa Francisco afirma que rechazar a los migrantes es un "pecado grave" El papa Francisco afirmó que ante el drama de la migración no sirven "leyes más restrictivas" o "la militarización de las fronteras" y que rechazar a los migrantes "es un pecado grave". La...