Pedro Brandariz repasa este venres en Boiro as tecnoloxías que foron enchendo os nosos fogares

03 Outubro 2019

20191003 Este venres 4 de outubro, o actor, humoristas e clown Pedro Brandariz representa en Boiro un dos seus novos espectáculos, Technologies, no que rende unha homenaxe retranqueira a todos os cachivaches e aparellos diversos que foron pasando polos nosos fogares ao longo destes décadas, coas súas eivas pero tamén coa súa vertente positiva: grazas ás diferentes tecnoloxías que acompañaron as nosas vidas descubrimos boa parte da mellor cultura e fixemos grandes amizades. Todo isto, e máis, será a cerna do monólogo Technologies, que Brandariz levará á Casa da Cultura de Boiro (parque da Cachada) a partir das 21.00 horas.

A obra, ademais de facer repaso polas tecnoloxías que marcaron a nosa relación coa cultura e a comunicación, é un achegamento humorístico a cuestións como a obsolescencia programada, a vertixinosa (demasiado vertixinosa) evolución das tecnoloxías cotiás (que nos obrigan a mudar de aparellos cada pouco) e das cacharradas que foron inzando os nosos fogares e das que dificilmente nos imos librar a curto, medio ou longo prazo.

En definitiva, trátase, en palabras de Brandariz, “dun repaso tecnolóxico ó noso pasado máis recente co que o público se identificará ás primeiras de cambio e que máis pronto que tarde provocará as gargalladas do respetable”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.