Os Premios Nobel das letras hispánicas, nunha mostra na Biblioteca de Ribeira

02 Outubro 2019

20191002 A Biblioteca Municipal de Ribeira achega este mes de outubro unha exposición bibliográfica sobre algunhas das máis recoñecidas plumas da literatura hispánica de todos os tempos: as que foron distinguidas co que está considerado o galardón máis importante do mundo, polo menos o que máis repercusión ten a nivel internacional e máis contía económica pon en xogo, o Premio Nobel de Literatura. A mostra de libros e material diverso, que vén a conto polo trixésimo aniversario da concesión do dito recoñecemento ao galego Camilo José Cela, acubilla once escritores distinguidos nesta mesma categoría.

Trátase de obras de José Echegaray, Jacinto Benavente, Juan Ramón Jiménez, Vicente Aleixandre, Camilo José Cela, Gabriela Mistral, Miguel Ángel Asturias, Pablo Neruda, Gabriel García Márquez, Octavio Paz e Mario Vargas Llosa, así como carteis conmemorativos con textos de cada un dos citados escritores.

Esta exposición, como dixemos, estará presente durante todo o mes de outubro.

Ricardo de Barreiro

Por outra banda o Concello lembra que a pasada fin de semana, no Centro Cultural Lustres Rivas, celebrouse un concorrido acto de presentación/performance do audio libro A+A de Ricardo de Barreiro, ao que se sumaron unha trintena de asistentes.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.