Os corredores citaranse con motivo da VII Carreira Popular Concello de Rianxo

30 Outubro 2019

O 1 de novembro celebrarase en Rianxo a sétima edición da Carreira Popular deste concello, a cal será ao mesmo tempo a terceira proba do Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte 2019, pertencendo ao VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

As probas poderán disputalas tanto atletas federados coma non federados e estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Os participantes, agás nas categorías Xoubas e Sardiñas, estarán controlados a través dun chip que se entregará xunto co dorsal a partir das 09.00 horas na praza Castelao. Así, o evento deportivo dará comezo no citado emprazamento ás 10.45 horas e as categorías de competición irán desde a Xoubas ata Máster 4.

Os tres primeiros corredores en cruzar a liña de meta na proba Absoluta, tanto na clasificación feminina coma masculina, recibirán trofeo e premios económicos.

Ademais, entregaranse medallas a tódolos corredores nas modalidades Xoubas, Sardiñas, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete; así como trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría. Tamén haberá distinción ao club con máis participantes e trofeo Xosé Neira Hermida ao primeiro e primeira corredor e corredora local.

Así mesmo, os participantes nas modalidades Xuvenil (Sub-18), Júnior (Sub-20), Promesa (Sub-23), Sénior e Máster recibirán un agasallo técnico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.