Os contos da gatiña Lúa, este venres na Biblioteca da Pobra

24 Outubro 2019

A Biblioteca Municipal da Pobra vai acoller este venres 25 unha máis que interesante actividade de animación á lectura e á creatividade entre a rapazada. Trátase do espectáculo Ula Lúa?, que é unha versión para monicreques do libro ilustrado do mesmo título de Celtia Figueiras e cuxa representación correrá a cargo do grupo Xanela do Maxín.

A protagonistas da obra é a gatiña Lúa, unha michiña pequena que soña con viaxar, coñecer novos lugares e facer novas amizades. Lúa vive coa súa avoa nunha humilde casa e no exterior contan cun fermoso xardín no que a gatiña pasa as horas xogando soa. A obra de Celtia Figueiras é, ante todo, unha historia de amor e de amizade, onde “valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a ilusión fai dos soños unha realidade”.

O espectáculo está previsto para as 18.00 horas e está dirixido a nenas e nenos de 3 anos en adiante. Organizan o Concello e a Rede de Bibliotecas de Galicia ao abeiro do programa Ler Conta Moito.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co IMSERSO, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.