Oleiros honra á Virxe de Fátima cun triduo e festexos

11 Outubro 2019

20191011. A parroquia ribeirense de Oleiros prepara para esta fin de semana un Triduo na Honra da Virxe de Fátima. Este acto desenvolverase nas xornadas do 10, 11, 12 e 13 de outubro.

Os días grandes da celebración concentraranse entre o venres, o sábado e o domingo, onde haberá actuacións musicais logo das misas cantadas. Ademais, o sábado 12 terá lugar a procesión das velas, ás 20.00 horas, para, a continuación, asistir ao concerto da Coral do Liceo de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...