O voluntariado de Proxecto Ríos, que contou co apoio do Concello de Rianxo, recolleu máis de 13 toneladas de lixo

02 Outubro 2019

20191002 Finalmente desenvolveuse nunha manchea de concellos da nosa terra a doce edición da limpeza simultánea de contornas fluviais do Proxecto Ríos. En total, a iniciativa contou coa participación de 1.009 voluntarias e voluntarios de todas as idades, que foron quen de retirar máis de 13 toneladas de refugallos ao longo da xornada do domingo. A iniciativa, impulsada por ADEGA en colaboración con asociacións, concellos e activistas de a pé, serviu para salientar a importancia de coidar o noso medio ambiente, poñendo o foco nas contornas fluviais e na delicada situación na que se atopan, malia a súa importancia dende o punto de vista da biodiversidade. Entre os ríos que foron obxecto da limpeza simultánea atopouse o río Te, en Rianxo. A xeira de traballo foi impulsada polo Concello.

Recolléronse nas diferentes tarefas pola xeografía galega refugallos de todo tipo: plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos…), rodas de automóbiles e tractor, cristais, un somier, o motor dun coche, unha moto, plásticos de silo, cascallos, ferralla, pilas, electrodomésticos, un sofá, uralitas, un acumulador de auga quente. Entre os refugallos máis presentes atopáronse uns elementos que, por desgraza (e debido aos malos hábitos da xente, que as tira polo váter), están cada vez máis presentes nos nosos ríos: as toalliñas húmidas.

A limpeza celebrouse este ano en 52 concellos galegos, e participaron un total de 75 entidades (asociacións, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…) e tamén 9 concellos que organizaban directamente esta actividade, incluído o de Rianxo. Actuouse nun total de 53 treitos de río. Algunha entidades tiveron que adiar a limpeza por mor da choiva caída o domingo.

Proxecto Ríos é un proxecto financiado por Augas de Galicia que depende da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Para esta actividade cóntase coa colaboración da Fundación Biodiversidade, así como cos concellos de A Estrada, Allariz, Arzúa, Cambre, Carballo, Fene, Gondomar, Meis, Melide, Nigrán, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadumia, Salceda de Caselas, Santiago de Compostela, Teo, Tomiño e Xinzo de Limia. Ao longo desta semana publicarase na web do Proxecto Ríos, www.proxectorios.org, e na web específica da limpeza, http://limpeza.proxectorios.org, datos actualizados sobre os resultados do traballo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.