O primeiro Open Spinning Corrubedo acollerá este domingo 120 participantes

24 Outubro 2019

20191024 Este domingo 27 de outubro vaise celebrar no extremo da nosa comarca unha das grandes citas de pesca deportiva da tempada: o primeiro Open Spinning Corrubedo, organizado polo Spinning Galicia. Trátase dun torneo de pesca deportiva baseado na técnica que dá nome ao certame, que, para os non iniciados, consiste en guindar ao mar un engado (un señuelo) de certo peso para recollelo logo coa velocidade axeitada, tentando arremedar coa carnada artificial o que serían os movementos na superficie dun pequeno peixe (canta máis perfección na técnica, máis e mellor imitaría o reclamo os movementos do peixe).

Volvendo ao torneo, sinalar que a organización conseguiu finalmente que se anotasen á proba 120 persoas, unha cifra que puido ir a máis se finalmente non se puxeran certos límites en materia de participación. As probas levaranse a cabo entre a punta do Corgo e esteiro da lagoa de Carregal, na contorna das dunas (aínda que dependendo das condicións do mar, porase o foco nunha contorna determinada en detrimento doutras onde o mar sexa máis impracticábel).

Haberá asistentes de toda a xeografía galega, aínda que tamén de Portugal, Asturias e Andalucía. O Club Spinning Galicia expresou no seu Facebook a súa satisfacción polo feito de que o torneo veña acompañado das mellores condicións meteorolóxicas. Tamén quixo salientar o importante apoio dos patrocinadores do evento (tendas, marcas e artesáns) que fixeron posíbel que se convocasen premios de até 500 euros para os gañadores do Open. O punto de encontro do terno será o Restaurante Camping Valverde, á entrada de Corrubedo, entre as 7 e as 7.30 horas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...