O obradoiro O Pote permitirá a formación de quince persoas no municipio de Ribeira

30 Outubro 2019

Un total de quince persoas inician a súa formación no obradoiro dual de emprego sobre cociña que, baixo o título de O Pote, se desenvolverá durante nove meses na nova Escola de Hostalería de Ribeira situada no segundo andar do mercado municipal.

A apertura do taller contou coa presenza do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; o concelleiro de Promoción e Dinamización Económica, Ramón Doval; e a secretaria da delegación territorial da Xunta na Coruña, Patricia Rodríguez.

O Pote trátase dun obradoiro dual de emprego promovido polo Concello de Ribeira e subvencionado pola Xunta de Galicia ao abeiro da Orde do 17 de abril de 2019 polo que se establecen as bases reguladoras para as axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia. Ademais dos quince alumnos-traballadores, foron seleccionados unha directora -Almudena Basoco-, un profesor de cociña, un titor e unha auxiliar administrativa.

O contido desta acción formativa abrangue, entre outras actuacións, a realización de almorzos solidarios para seren distribuídos entre as persoas desfavorecidas do municipio, o que lle aporta un compoñente social ao taller.

Unha vez conclúen a súa formación, os participantes terán a oportunidade de realizar prácticas en empresas que serán subvencionadas polo Concello e recibirán un certificado nivel 2 que acredite as súas competencias.

O rexedor destacou que “Ribeira ten a sorte de ser, posiblemente, o concello de Galicia que máis obradoiros de emprego teña levado adiante.” Neste senso, manifestou que o taller posibilita “ter un título e ter un traballo, ademais de contribuír a que a imaxe da comarca no sector turístico saía moi favorecido.”

Pola súa parte, a secretaria da delegación territorial expresou que o obradoiro ten un dobre obxectivo: mellorar a cualificación profesional e acadar unha adecuada inserción laboral. Tamén sinalou que “desde a Xunta de Galicia se aposta decididamente polos obradoiros polas múltiples vantaxes que teñen”, coordinándose cos concellos porque “son os que mellor coñecen as necesidades e fortalezas dos seus territorios.”

O obradoiro desenvólvese na Escola Municipal de Hostalería que se acaba de crear no segundo andar do mercado municipal cunha inversión de ao redor de 250.000 euros, e que está equipado con cociñas individuais para profesor e alumnado despregado nunha zona de 137 metros cadrados, ademais doutros espazos como unha aula de formación, dous almacéns e un despacho para a dirección do obradoiro, entre outros.

A intención do Executivo ribeirense é que unha vez remate o obradoiro seguir impulsando neste espazo novas actividades que redunden na formación e perfeccionamento do sector hostaleiro do municipio.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.